HomesociedadeEstudantes de Monforte coñecen a televisión por dentro

Estudantes de Monforte coñecen a televisión por dentro

Tras unha visita ás instalacións do novo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, comprobaron de primeira man como e onde se cociñan os seus contidos.

Publicado o

- Advertisement -

Un grupo de alumnos do CPR Plurilingüe Fed Torre de Lemos de Monforte inauguraron as visitas guiadas ás instalacións do novo Servizo de Audiovisuais da Deputación.

O Voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos, acompañou aos estudantes durante o seu percorrido polo Centro de Produción de Audiovisuais, no que coñeceron os distintos departamentos dunha televisión e o seu funcionamento, desde as salas de realización e edición ate o arquivo.

Santos Ramos animou aos rapaces a estudar neste Centro de Formación de Audiovisuais, o único da provincia que imparte ensino superior de Realización e Produción. O Servizo de Audiovisuais da Deputación continuará co programa de visitas didácticas destinadas especialmente ao alumando dos centros educativos da provincia.

 

ÚLTIMAS

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...