HomeCulturaO novo episodio de "Folcast" ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O proxecto Folcast, un percorrido pola oralidade e a música tradicional de Lugo, entrevista no terceiro episodio a diferentes activistas que cultivan os xéneros culturais devanditos. Esa iniciativa está promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O novo episodio de “Folcast” conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de Vilaesteva quen entrevistan a distintas persoas deste ámbito territorial para coñecer as particularidades e a situación da música tradicional e da oralidade na Comarca de Lemos e o Courel. Varios anticipos das entrevistas servirán de anticipo ao episodio completo que se poderá visionar despois.

Segundo explica Gago, nos episodios non se consideran os límites comarcais administrativos, senón que se fían temas podendo saírse deses límites oficiais.

TERCEIRO EPISODIO

No terceiro episodio da serie Folcast inclúense unha entrevista dupla a Séchu Sende, mestre e activista cultural, e Nuria Penas, improvisadora e formadora, para analizar a situación do brindo –xénero de improvisación oral cantada– nas Terras do Brollón e do Courel. Tamén se entrevista ao construtor de instrumentos de percusión, Xosé Maceda, cuxo obradoiro está en Monforte; e finalmente á música e investigadora Carme López, de Rubián de Cima, e a Nerea López, da Asociación veciñal de Fornelas na Pobra do Brollón. Esta última reflexiona sobre o impacto das foliadas guímaras.

A primeira das entrevistas, xa dispoñible nas redes, é a que se fixo a Séchu e a Nuria, coa participación de Ramón Pinheiro, director artístico da Central Folque e autor do libro ‘Repente galego’, e Tegra de Tras o Couto, brindadora do Courel. Tamén se poderá gozar de gravacións históricas dos brindadores Pepe e Álvaro de Forgas (realizadas por Mini e Mero e cedidas polo APOI do Museo do Pobo Galego).

Todos os episodios desta serie súbense ao perfil de “Folcast” en Spotify  Pódese seguir a actualidade do proxecto no perfil  @folcast_radio, en Instagram.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...