HomeCulturaEste 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do...

Este 20 de xullo comeza o Ciclo Mestre Mateo na Pobra do Brollón con 10 proxeccións ata outubro

Serán en total dez proxeccións que terán lugar entre xullo e outubro. O ciclo arranca este domingo 20 de xullo coa película documental Prefiro condenarme, no local social de Piño ás 20.00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ciclo Mestre Mateo volve este 2025 á Pobra do Brollón grazas á Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello. O ciclo xa vai por catro edicións levando o cinema galego de calidade a vilas sen salas comerciais. Nesta edición, o Concello da Pobra do Brollón descentraliza as proxeccións, levando parte da programación aos locais sociais das parroquias.

Prefiro condenarme coa dirección de Margarita Ledo e as interpretacións, entre outras, de Melania Cruz, Iria Pinheiro e Mónica Camaño, o documental conta a historia de Sagrario. Esta mariscadora na ría de Ferrol confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante.

O ciclo inclúe outros tres documentais: Salvaxe, salvaxe (6 setembro, Parada dos Montes), Filmei paxaros voando (12 setembro, A Pobra do Brollón) e Aurora (18 outubro, A Estación).

Catro das proxeccións son longametraxes de ficción: As Neves (3 agosto, A Ferreirúa), +Cuñados (31 agosto, A Pobra do Brollón), Xustiza artificial (20 setembro, Fornelas) e Honeymoon (10 outubro, Abrence). 

Haberá ademais dúas proxeccións de curtas: unha sesión o 23 de xullo na Pobra do Brollón e outra o 9 de agosto en Canedo. Todas as proxeccións serán ás 20:30 horas. Iranse publicando os detalles de cada unha na páxina web e redes do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...