HomeCulturaAnguieiros, en Montefurado, celebra a Madalena o 19 e 20 de xullo

Anguieiros, en Montefurado, celebra a Madalena o 19 e 20 de xullo

Os días 19 e 20 de xullo celébrase na aldea dos Anguieiros, na parroquia de Montefurado, unha variada programación de actividades para honrar á súa matroa, a Madalena. Organiza a Asociación Sociocultural Boca do Monte e colaboran o Concello de Quiroga e o Programa 'Tradigalu' que impulsa a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 19 de xullo, pola mañá está organizada unha camiñada co percorrido Os Alvaredos-Roblido-Os Alvaredos. A saída será ás 9:00 h. dende a Praza de Alvaredos, onde a Adega Alvaredos-Hobbs e a volta calcúlase cara as 12:30-13:00 h. Serán sobre 7-8 quilómetros e ten unha dificultade media-baixa. A parte final da ida é a entrada da aldea de Roblido (Concello da Rúa), lugar moi pintoresco e que rompe a estadística de idade media da comarca xa que nela habitan varias parellas con fillos. Na volta, que será costa abaixo, gozarase das vistas do val de Montefurado.

Camiñada da Madalena 2024. Grupo de camiñantes diante da Adega Alvaredos-Hobbs. Foto: ASoc. Boca do Monte.

Pola tarde, ás 19:00 h. terán lugar os xogos infantís e interxeracionais (billarda, bolos, corda, chave…) e das 21:00 ás 23:00 h. haberá unha merenda popular amenizada polo Grupo Tradicional Xuventudes Musicais de Sober – Érbedo.

Ás 22:00 h. e como novidade deste ano, recupérase o ‘Concurso-cata de Madalenas’.  Para participar recoméndase inscrición antes do 19 de xullo no correo asociacionbocadomonte@gmail.com ou no tel. 657014555. 

Despois cómpre entregar o día 19 entre as 19:00 e as 20:00 h. 6 madalenas caseiras nun recipiente desbotable á organización (estará no campo da festa, na entrada da aldea) informando do nome e se as madalenas levan froitos secos, gluten ou outros alérxenos.

A continuación, un xurado probará as diferentes madalenas presentadas e escollerá a mellor valorando a presentación, sabor e orixinalidade. Como premio para o/a gañador/a haberá unha cesta de produtos xentileza de Mari Carmen Macía, de “Mel do Avó” e veciña de Quiroga. As madalenas sobrantes degustaranse polo público asistente.

Para o domingo 20, das 10:00 ás 12:30 h. celebrarase o XIII Campionato de Bolos, con importantes premios para os e as mellores participantes. De 12:30 a 13:00 h. alborada a cargo do Grupo Tradicional Abertal, da Rúa, e ás 13:15 h. Procesión e Misa na honra da Madalena. Ao remate da misa haberá un aperitivo popular para todos/as, farase o sorteo dunha cesta e outros produtos e acompañará outra vez a música de Abertal.

Campionato de bolos no 2024. Foto: Asoc. Boca do Monte.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...