HomeCulturaMondra e De Vacas este 20 de xullo en Sarria no "Move...

Mondra e De Vacas este 20 de xullo en Sarria no “Move os teus marcos”

Sarria vivirá o vindeiro 20 de xullo unha xornada de reivindicación do poder transformador da cultura coa festa MOVE OS TEUS MARCOS, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras aprazarse o 18 de maio por unha forte treboada, retómase a celebración deste encontro que conxuga música, literatura, activismo e gastronomía en lembranza do promotor cultural sarriao, Marcos López, figura imprescindible da xestión cultural e do audiovisual galego nas dúas últimas décadas.

Os concertos de Mondra, unha das voces máis destacadas do tradi, e o cuarteto De Vacas destacan no abano de propostas fiadas arredor da diversidade e do compromiso coa lingua e o territorio, que se desenvolverán entre a terraza da cervecería Don Pepe Pub e O Meigallo.

MOVE OS TEUS MARCOS inclúe actividades e espazos para a creación e a reflexión, cun recital poético musical, intervencións artísticas colectivas ou unha palestra sobre dereitos das persoas LGBTIQA+, dereitos linguísticos e Palestina nun contexto de auxe dos discursos de odio, así como unha ampla axenda pensada para a cativada, con contacontos, obradoiros e espazos de lecer libre. A programación é de balde e aberta a todos os públicos.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a deputada de Cultura, Iria Castro, convidaron a asistir aos concertos e participar de todas as actividades que se celebrarán ao longo da xornada, que pretenden converter Sarria nun punto de encontro para público de toda Galiza.

Move os teus marcos conta tamén coa implicación do tecido cultural e asociativo de Sarria, cun paseo teatralizado en colaboración con Ultreia et Suseia, no que se representarán historias sobre Sarria, o seu patrimonio e o Camiño de Santiago, e no que participarán Meigas e Trasgos, Peleriños, Rebuldeira Teatro e Silvia Mondelo. Ademais, para a hora do xantar, no Meigallo, celebrarase unha foliada aberta coa participación de Sarricanta, Meigas e trasgos e Peleriños. O recinto da festa acollerá tamén unha zona gastronómica cunha selección de produtos da comarca

ÚLTIMAS

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...