HomeCulturaA Festa da Mocidade de Taboada bate récords e reúne a máis...

A Festa da Mocidade de Taboada bate récords e reúne a máis de 3.500 persoas

Heredeiros da Crus, Os Residuos Atractivas, Rastreros, Quinkillada e The Palangans na primeira noite das Festas de Taboada

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres 8 de agosto, a Festa da Mocidade de Taboada, abría as Festas dos Milagres que rematan este luns. A organización fala de rotundo éxito na xornada inaugural e estima que participaron da Festa da Mocidade unhas 3.500 persoas.

A Festa da Mocidade comezaba a última hora da tarde coa tradicional Ruta de Bares, que este ano mudou o traxecto e arrincou dende o Bar Rincón. A charanga de Chantada Faro Brass foi a encargada de animar a ruta, que fixo paradas no Scala, Rián, Devezo, Urdi, Mencía, Santa Lucía e Mario. Centos de mozos e mozas seguiron á charanga de bar en bar, animando a vila.

A ruta remataría cara as 21:30 horas cos participantes chegando ao Campo da Feira, onde a organización da Festa da Mocidade, a Asociación Madialeva O!, tiña todo preparado para a cea, que ía incluida no prezo da camiseta. Este ano vendéronse más 550 camisetas batendo tamén récords.

Heredeiros da Crus eran o prato forte dunha noite, na que todas as bandas fixeron moverse ao público. Os vigueses Residuos Radiactivas foron os primeiros en actuar, seguidos dos Rastreros de Chantada, que tiñan unha chea de fans nas primeiras filas.

Os Heredeiros da Crus levaron ao éxtase ao público, e os de Ribeira dérono todo sobre o escenario. O grupo xa estivera nunha Mocidade, hai 27 anos, e a banda lembrouno varias veces.

Os do Morrazo, Quinkillada, recibiron a testemuña dos Heredeiros, e rapidamente fixéronse co público, ao que puxeron a bailar cumbia sen descanso. E, para rematar a noite, The Palangans!

Tempo tamén para a lembranza e a homenaxe a Marcos Neira, que coa banda dos Cuchufellos foi asiduo da Festa da Mocidade ata o seu pasamento. A asociación Madialeva O! quixo rendirlle homenaxe agasallando á súa muller e aos seus fillos cun collage feito con fotos de Marcos nas súas visitas á Mocidade.

Festa da Mocidade Taboada 2025 (organización) / Mocidade Taboada

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...