HomeCulturaO 16 de agosto celébrase o Festival Terra Brava do Incio

O 16 de agosto celébrase o Festival Terra Brava do Incio

A deputada de Cultura Iria Castro achegouse ao Incio para coñecer os preparativos de cara ao festival Terra Brava, que se celebrará o 16 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xermolos, Brais das Hortas, a Escola de Música do Incio, Mekanika Rolling Band, Zeltia Irevire, Sacha na Horta, De Ninghures, Kumpañia Algazarra e Dj Um Sincero compoñen o cartel desta edición do festival.

Os concertos comezan ás 19.30h pero o ambiente festivo respirarase desde o mediodía coa sesión vermú e o xantar popular na carballeira a carón do campo de fútbol. Animan á participación da veciñanza no evento, como subliñou Luis Valcárcel, responsable da organización.

A colaboración co festival Terra Brava encádrase na rede de apoio que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo ofrece a festivais promovidos polo tecido asociativo para fomentar a presenza da música galega e en galego en eventos musicais por todo o territorio da provincia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...