HomeCulturaFelipe Aira, guía de luxo para dúas visitas comentadas á zona de...

Felipe Aira, guía de luxo para dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte

Serán o domingo 7 de setembro e servirán para conmemorar a 'Xornada Europea da Cultura Xudía'. As saída faranse diante da Oficina de Turismo (Rúa do Comercio, 6) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As visitas guiadas para coñecer a zona de ámbito xudeu de Monforte, a realizar o vindeiro 7 de setembro, intégranse dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. Contarán coas explicacións do investigador monfortino Felipe Aira, serán de balde e durarán unha hora e media.

RED DE JUDERÍAS DE ESPAÑA-CAMINOS DE SEFARAD

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ao seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA 2025

O lema da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2025, e impulsada pola Asociación Europea para la Preservación y Promoción de la Cultura y el Patrimonio Judíos, é “el pueblo del libro”. Unha temática que pretende transmitir que cada persoa é un libro e xuntos formamos unha biblioteca viva.

Ponse en valor o xeito de preservar a herdanza xudea a través da narración, do estudo e do diálogo, resaltando a universalidade deste legado para afirmar que a tradición textual xudea pertence a todos os que se relacionan con ela, independentemente do idioma, os antecedentes ou as crenzas.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...