HomeCultura"Autómata" do colexio dos Escolapios gana o eMove Festival e xa son...

“Autómata” do colexio dos Escolapios gana o eMove Festival e xa son 3 anos consecutivos

O Real Colexio PP. Escolapios de Monforte de Lemos volveu a situarse no máis alto do panorama audiovisual escolar ao resultar vencedor do eMove International Festival por terceiro ano consecutivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na 10ª edición do certame, o centro logrou o máximo galardón da categoría “ANUNCIO” para alumnado de 2º ciclo de ESO coa curtametraxe AUTÓMATA. Esta sección do festival premia producións audiovisuais de curta duración que transmiten mensaxes de concienciación e educación en valores.

O acto de entrega de premios celebrarase o próximo 22 de novembro no Palau da Música de Valencia. O proxecto premiado foi desenvolto ao longo do curso 2023/24, dentro da materia de Dixitalización de 4º de ESO. e forma parte do proxecto educativo “El Rincón de Leonardo” que este centro leva varios anos desenvolvendo.

AUTÓMATA convida a reflexionar sobre a crecente deshumanización da sociedade moderna, e pode visionarse en liña a través nesta ligazón.

Este colexio xa fora recoñecido nas dúas edicións anteriores do prestixioso festival: en 2023 con “La chica de la ventana” e en 2024 con “La buena elección”. “Este novo recoñecemento supón un orgullo para todo o centro e un estímulo para seguir apostando pola creatividade, a innovación e a educación en valores a través da linguaxe audiovisual”, sinalan desde o Colexio Escolapios de Monforte.

Produtores Autómata / Escolapios Monforte

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...