HomeCulturaPantón presenta a súa programación do Outono Cultural

Pantón presenta a súa programación do Outono Cultural

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e variada programación para desenvolver nos meses de outubro e novembro. Ademais desde comezos de mes e ata xuño organízanse actividades deportivas en Ferreira e nas parroquias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

160 persoas participan das propostas de ximnasia de mantemento, aerobic e pilates que se levan a cabo na capitalidade municipal e en parroquias como Cangas, Xesteira, Acedre ou Tuiriz.

No edificio sociocultural comezou o 2 de outubro o Obradoiro de Bordado e Costura Creativa que se celebra todos os xoves de 17:00h a 19:00h. O 7 de outubro nas mesmas instalacións comeza o Obradoiro de Crochet, que terá lugar os martes de 19:00h a 21:00h.

O domingo, 19 de outubro ás 18:00h, a cita será co espectáculo de fábulas musicadas, Alma de Grilo. A igrexa de San Miguel de Eiré acollerá esta representación musical e literaria aberta e con entrada de balde.

Durante os xoves de outubro e novembro de 20:00h a 21:10h. celébrase na sala de ximnasia, Obradoiro de Ioga. E o 3 de novembro dará comezo o Obradoiro de Scrapbooking, todos os luns de 18:00h a 20:00h no Edificio Sociocultural.

En novembro o teatro e outras citas culturais serán as principais protagonistas. Comezarase o domingo, 2 de novembro, coa representación que levará a cabo, ás 18:00h, no edificio sociocultural, a compañía Lila Teatro.

O domingo, 9 de novembro ás 18:00h, terá lugar unha nova cita teatral, neste caso coa compañía Falcatrueiros Teatro. E as representacións continúan o 16 de novembro ás 18:00h con Viraventos Teatro.

Non faltarán os encontros veciñais para todas as idades podendo xuntar á familia no Samaín Familiar que se celebrará o venres, 31 de outubro con actividades especialmente pensadas para nenas e nenos ou o tradicional Magosto Popular que o Concello de Pantón organiza o sábado, 8 de novembro, ás 18:00h.

Para completar as actividades do Outono Cultural de Pantón dúas proxeccións cinematográficas; o domingo, 23 de novembro, ás 18:00h, o edificio sociocultural acollerá Cinema Portuguesa na Ribeira Sacra. Finalizarase o domingo, 30 de novembro, coa proxección de El maquinista de la general, película de cine mudo con ambientación musical en directo por parte da Sociedade Filarmónica de Monforte. A cita ás 19:00h no Edificio Sociocultural.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...