HomeCulturaOlga Novo, protagonista na celebración do 'Día das escritoras'

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

A gañadora do Premio Nacional de Poesía en 2020 encabezou, días atrás, unha mesa de escritoras ás que lle trasladou "a súa visión sobre como o texto comunica un posicionamento ético ante o mundo". O encontro enmarcouse dentro das actividades que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza cada ano con motivo do Día das Escritoras

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro a un encontro coa poeta Olga Novo na Biblioteca de Galicia para encetar as actividades que programa a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para celebrar o Día das Escritoras.

No marco deste encontro, Anxo M. Lorenzo salientou “a calidade extraordinaria das escritoras galegas, que están a construír unha literatura sólida, diversa e innovadora” e engadiu a importancia de “continuar reivindicando a presenza das mulleres na literatura galega e universal, reparando así as ausencias do pasado e abrindo camiños ás novas xeracións de creadoras”.

No obradoiro, a poeta Olga Novo empregou diversos obxectos como fíos condutores para explorar a relación entre ética e estética. A través destes símbolos, convidou ás persoas participantes a reflexionar sobre como a creación artística pode ser tamén unha forma de compromiso co mundo.

Ao longo da súa carreira, a autora recibiu numerosos recoñecementos como o Premio Nacional de Poesía pola obra Feliz Idade, o Premio da Crítica Española por Cráter ou o Premio Losada Diéguez por Nós nús.

Anxo M. Lorenzo falando con Olga Novo. Foto: Prensa Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...