HomeCultura"Un fío para saír do labirinto" este 20 de outubro no Museo...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial, promove este luns desde as 10.30h un curso de teatro aplicado á saúde mental, que leva por título, "Un fío para saír do labirinto". A actividade está aberta ás persoas interesadas e non son necesarios coñecementos premios de interpretación.

Publicado o

POR
Ana Belén Fernández
- Advertisement -

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este luns, 20 de outubro ás 10:30 h, no Pazo de Tor, comeza o curso Un fío para saír do labirinto: teatro aplicado á saúde mental, dentro do proxecto Soterradas: A vida tralos labirintos mentais.

O acto será inaugurado polo vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado pola xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago.

Contarase coa participación das recoñecidas profesionais Adriana Ozores e Laura Duhalde, da compañía Aescenatumejortú, que convidarán a explorar o poder da arte escénica como estratexia de resiliencia e cambio. Inspirado no mito de Ariadna e Teseo, este obradoiro propón un percorrido simbólico: entrar no labirinto, afrontar os medos e atopar o fío que nos guía cara á saída.

Durante a apertura presentarase tamén unha nova peza da artista, Violeta Bernardo, titulada Perdida no labirinto, que se incorpora ao proxecto Soterradas, poñendo voz e corpo ás mulleres a través da creación contemporánea.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...