HomeCultura“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos...

“O que hai que ver!”, a vindeira obra de teatro no Multiusos de Monforte

Esta nova proposta escénica do circuíto outonal achegaralle ao público unha serie de historias con moito humor nas que se sentirá protagonista e participe directo. Será este xoves 23 de outubro ás 20:15 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O teatro volve este xoves 23 de outubro ao Edificio Multiusos de Monforte dentro da programación que fai a Concellería de Cultura, Ensino e Xuventude do Concello de Monforte de Lemos, dentro das actividades da Rede Galega de Teatro e Auditorios. Farao no Multiusos ás 20:15 h. sendo o prezo das entradas de 5 € na tarifa xeral, e de 3 € no caso de estudantes, desempregados e xubilados.

A compañía ‘Fulano, Mengano e Citano’ representará a obra “O que hai que ver!”, cun texto de Manuel Pombal, Manuel Botana e Suso Pando, e baixo a dirección de Manuel Pombal. O elenco artístico está formado polos actores Marcos Alonso, Suso Pando e Manuel Pombal.

“O que hai que ver!” pon en escena unha serie de historias cheas de humor “nas que o espectador sentirase protagonista e partícipe directo, saíndo do teatro con ganas de volver”, din dende a compañía.

O Alcalde, José Tomé Roca, “anima aos monfortinos e monfortinas a acudir ó Multiusos e participar destas actividades, dentro da aposta decidida que este goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.

CALENDARIO DAS VINDEIRAS OBRAS

O ciclo continuará o xoves 6 de novembro, con “Un deus salvaxe”, da compañía Talía Teatro, e a seguinte cita será xa o xoves 27 do mesmo mes coa compañía Antagonista Teatro que representará “Insubmisa”.

Pecha o ciclo teatral o 4 de decembro a peza “Helen Keller, a muller marabilla?”, do Grupo Chévere.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...