HomeCulturaA Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada programa contacontos para todos os primeiros venres de mes. Despois de celebrar o Día das Bibliotecas con Miguel Guido que presentou o seu conto "Lobo feliz" en Chantada, as sesións iniciaranse o venres, 7 de novembro, cun contacontos sobre igualdade aproveitando a celebración do 25N.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado dos centro de ensino, nesta tempada traballouse co CEIP Eloísa Rivadulla que visitaba as instalacións en horario de mañá. Este tipo de actividades prográmanse previo acordo entre os centros e a Biblioteca, “É de agredecer este tipo de iniciativas do profesorado que achegan as distintas aulas á Biblioteca, e aínda que moitos xa son usuarios habituais sempre hai algún alumno/a que non coñece as instalacións. É un gusto ver aos centros tan activos coa Biblioteca”, destaca a concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez.

Actualmente, a Biblioteca de Chantada conta con 1425 persoas usuarias inscritas, das que 979 son adultas, 443 infantís e 3 institucións. Nos últimos tempos o préstamo domiciliario é o servizo máis habitual e a novela actual o máis demandado por usuarios/as adultos/as, Tamén se move cada vez máis o libro infantil, onde o máis solicitado son os cómics de Policán e coleccións como os futbolísimos, Unicornia, Mortiña ou Amanda Black. Tamén funciona bastante ben a sección de libros para bebés.

As persoas usuarias que contan con carné da Biblioteca teñen acceso a documentos electrónicos e audiolibros a través de eBiblio, un servizo gratuíto de préstamo de libros electrónicos en liña, coordinado e impulsado pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, así o carné da Biblioteca de Chantada permite acudir a calquera Biblioteca da Rede.

A Biblioteca de Chantada ten en marcha, ademais, dous clubes de lectura, un con Albores de lectura fácil, os mércores de 10:00h a 11:00h para ler en voz alta os libros; e o club de lectura de adultos que se reúne unha vez ao mes para comentar un libro que se lle facilita ao grupo e que se pide á Biblioteca de Galicia ou ao Forum Metropolitano da Coruña.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...