HomeCulturaSeráns de cine e teatro en Quiroga

Seráns de cine e teatro en Quiroga

O Concello de Quiroga ten en marcha “Seráns de cine e teatro”, un programa que recolle as representacións teatrais e as proxeccións de cine galego que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro. O ciclo de actividades iniciábase o pasado 7 de novembro coa proxección e coloquio da curtametraxe “Pura”. A seguinte cita será o 29 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa Seráns de cine e teatro trouxo tamén ao Auditorio Municipal, a produción do Centro Dramático Galego, “Serie Clopen”. Xa para o sábado, 29 de novembro, ás seis da tarde, na Casa da Cultura, proxectarase a película “Antes de Nós”, dirixida por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira. A película, sobre Castelao, conta co patrocinio da área de cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

Para o mes de decembro están programadas tres representacións teatrais. O venres día 19, no Auditorio Municipal, ás seis da tarde, o grupo Galeteatro, presenta a obra “Berenguela na Gaiola”.

O domingo, 21 de decembro, a partir das seis da tarde no Auditorio Municipal o grupo humorístico Trípode, presentará o teatro “A Presa”. E o día 29, tamén no Auditorio Municipal ás seis da tarde, “A viaxe do Señor López” a cargo de Señor López Producións. Estas tres obras de teatro contan co patrocinio da área de cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...