HomeCulturaA Pobra do Brollón acolle 'Vendaval', a 2ª Mostra de Cinema Portugués...

A Pobra do Brollón acolle ‘Vendaval’, a 2ª Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra

Será o sábado 22 de novembro e proxectaranse 4 curtametraxes na Casa da Cultura 'Olga Novo ás 20:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Pobra do Brollón será a vila que acolla un pase outonal da 2ª edición de Vendaval, unha Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra promovida pola asociación ‘A Memoria é Náufraga’ e que contará nesta ocasión coa colaboración do concello anfitrión. 

No pasado mes de agosto, este mesmo festival realizouse en diferentes localizacións da Ribeira Sacra, concretamente nos concellos de Sober, Sarria e Bóveda. Daquela proxectáronse un total de 17 filmes: 5 longametraxes e 12 curtas. Os nosos colaboradores de Segredos de Pantón fixéronlle unha entrevista a Tamara González, encargada da Dirección e programación do Vendaval, graduada en Comunicación Audiovisual na UPL pasando pola Escola Superior de Teatro e Cinema e pola Universidade Nova de Lisboa.

A mostra deste outono será máis reducida e terá lugar o sábado 22 de novembro na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ ás 20:00 h. Proxectaranse catro curtametraxes: O Homem de Trás-os-Montes de Miguel Moraes Cabral (27′), Longe da Amazónia de Francisco Carvalho (18′), Kora de Cláudia Varejão (29′) e Anjo de Miguel Nunes (24′).

Tres dos catro filmes, serán mostrados en versión original subtitulada ao galego, con traducción de Héctor Pardo Álvarez (Anjo) e María Prieto (O Homem de Trás-os-Montes Longe da Amazónia) mentres que Kora terá subtítulos en castelán.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...