HomeCultura"Antes de nós", filme sobre Castelao na Casa da Cultura de Quiroga

“Antes de nós”, filme sobre Castelao na Casa da Cultura de Quiroga

O Concello de  Quiroga continúa o programa “Seráns de cine e teatro” con esta longametraxe sobre a vida emocional do ilustre persoeiro galego e a súa dona Virxinia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 29 de novembro, ás 18:00h a Casa da Cultura de Quiroga acolle a proxección da película “Antes de Nós”. O filme sobre Castelao está dirixido por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira e conta co patrocinio da área de cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.  

Antes de Nós é unha historia que afonda nas emocións sobre Castelao antes de converterse no referente histórico que coñecemos na actualidade, pero sobre todo é unha historia sobre Daniel e Virxinia. Unha parella e dous momentos cruciais. 1918, cando Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española. Un heroe para o pobo, pero un home ausente para a súa muller, Virxinia. E 1929, cando o matrimonio percorre Bretaña poucos meses despois da perda do seu único fillo. Dous seres rotos e un vínculo que xa non se entende. Unha viaxe que os vai unir para sempre.

Castelao e Virxinia. Foto: ZENITtv.

A película Antes de Nós –con Xoán Fornelas como Castelao e Cris Iglesias no papel de Virxinia– foi rodada nos lugares orixinais que pisou o autor, seguindo as situacións descritas no guión. Rianxo e Pontevedra, dúas localizacións fundamentais, conservan hoxe a mesma esencia de hai máis de cen anos, ofrecendo unha fidelidade visual e emocional única. Ademais, a rodaxe trasladouse a outros puntos emblemáticos como A Estrada, Santiago de Compostela e Muros, que permiten recrear con autenticidade a Galicia de comezos do século XX.

Esta é a terceira obra da directora Ángeles Huerta. A súa primeira longametraxe co documental creativo Esquece Monelos obtivo a Mención Especial do Xurado en Documenta Madrid, tres premios Mestre Mateo e estivo nomeado aos Premios Feroz 2018. E na Seminci de 2022 estrea a súa primeira película de ficción, O corpo aberto, merecedora de 12 premios Mestre Mateo na edición do 2023, incluíndo mellor película, dirección e guión.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...