HomeCulturaA Rede Museística Provincial presenta o material filatélico que entrará en curso...

A Rede Museística Provincial presenta o material filatélico que entrará en curso o 18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante

A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago presentaron este luns o material filatélico editado por Correos con motivo do Día Internacional da Persoa Migrante,  no que estará representado o Museo da Migración da RMPL (https://museomigracion.gal), un espazo virtual arredor da interculturalidade e da experiencia migratoria inaugurado en xuño pasado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A emisión, que conta coa colaboración da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), incluirá un selo e unha tarxeta postal de tarifa C – é dicir, con validez para correo internacional – e un mataselos conmemorativo.

Iria Castro destacou que a iniciativa “visibiliza a actividade expositiva, didáctica e investigadora  dos museos provinciais en relación coa migración e representa as persoas de diferentes nacionalidades que viven e constrúen Lugo día a día”

A xerente da Rede Museística destacou que a presentación deste material filatélico abre a programación Cousas Nosas que se desenvolverá ao longo do mes de decembro e que pon o foco nos dereitos culturais e na cultura de paz, “situando os museos como espazos de acollida e empatía fronte aos ataques que está sufrindo a comunidade migrante”.

Os representantes da Federación Filalética – Jose Luis Rey Barreiro e Andrés García Pascual – destacaron que a emisión deste material supón un fito, xa que será a primeira vez que Correos edite unha tarxeta postal de tarifa C, un reclamo para coleccionistas e unha fórmula para difundir internacionalmente a imaxe de Lugo vinculada a unha mensaxe de acollida e empatía coa comunidade migrante.

Os materiais filatélicos poranse en curso coincidindo co 18 de decembro, Día Internacional da Persoa Migrante, data que tamén se remarcará na programación da Rede, cun roteiro pola cidade de Lugo coa comunidade migrante e coa inauguración da exposición “Memorias Migrantes: Arquivo gráfico en construción” de Adela Vázquez, Premio Ajerga 2024.

A RMPL entregará unha tarxeta postal con franqueo pagado a todas as persoas que participen nos actos. Ademais, Correos habilitará no Museo Provincial de Lugo unha estafeta temporal, de 17.30 a 19.30 horas. O mataselos estará dispoñible durante un mes na Oficina Principal de Correos de Lugo para o seu uso polo público que o solicite.

Cousas Nosas: Dereitos culturais en acción e cultura de paz

O Museo Pazo de Tor e o Museo de San Paio de Narla acollerán este martes– 2 de decembro – unha xornada sobre dereitos culturais e cultura de paz enmarcada no programa “Cousas Nosas”  que contará coa participación de responsables doutros museos como o Museo da Paz de Gernika e do Museo Piccaso de Barcelona.

Museo Pazo de Tor:
• 09:00 h | De camiño a Tor, no autobús Ioga e Arte na RMPL: Corpo, atención e benestar
como dereito cultural. A cargo de: Stephanie Cubides (In itinere).
• 10:00 – 13:30 h | Relatorios e Experiencias
• Que facemos e que podemos facer nun Laboratorio sobre Dereitos Culturais e
Diversidade Cultural na Universidade de Zaragoza. A cargo de: Jorge Jiménez
(Universidade de Zaragoza).
• Coserlle godets ao museo. A cargo de: Tonina Cerdà (Xefa de Programas Públicos
do Museu Picasso de Barcelona).
• Proxectos coa RMPL. Participan: Paula Cabaleiro, Daniel Vázquez, Carlota Pérez
e Zinthia Palomino.

Museo Fortaleza San Paio de Narla:
• 16:00 – 19:15 h | Educación, Paz e Museos
• Educación histórica, interseccionalidade crítica e cultura democrática. A cargo de:
Belén Castro (Universidade de Santiago de Compostela).
• Comprender a violencia para construír a Paz: Percepcións estudantís sobre
conflitos e violencia na aula. A cargo de: Manuel Pousa (IES María Casares de
Oleiros).
• Presentación do Museo da Migración da RMPL. A cargo de: Encarna Lago
(Xerente da RMPL), Ruth Sousa e Sergio Lago (Bencuriosa).
• Presentación do Museo da Paz de Gernika. Participan: Iratxe Momoitio (Director
do museo) e Idoia Orbe (Responsable do departamento educativo).

Pazo de San Marcos:
• 20:00 h | Teatro Representación: Zulo de Palimoquiños Teatro. Coa dirección e
dramaturxia de Paloma Lugilde. Obra gañadora do 1º Premio Xuventude Crea de teatro
amador.

ÚLTIMAS

Chantada quere Sanidade denuncia o colapso do centro de saúde “con 2 médicos para 8.000 persoas”

Chantada quere Sanidade denuncia que "a falta de previsión e unha xestión deficiente por...

O 5 de decembro ás 18:30h Monforte acende o alumeado de Nadal

O rexedor, José Tomé, presentou o dispositivo do alumeado deste Nadal que terá o...

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...