HomeCulturaEste 10 de decembro preséntase "Baobab" de Moncho Iglesias, no Centro do...

Este 10 de decembro preséntase “Baobab” de Moncho Iglesias, no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este mércores, día 10 de decembro, ás 20:00h no Salón de Actos do Centro do viño da Ribeira Sacra preséntase o do libro Baobab de Moncho Iglesias Míguez. A cita aberta ás persoas interesadas está organizada por AulAberta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baobad é un libro que fala dun paseo por África e onde o autor reflicte a realidade a través da poesía e das imaxes. Moncho Iglesias é escritor e profesor de Lingua Galega, exerce na actualidade en Castro Caldelas. Viviu en Palestina ensinando español na Universidade de Belén. Durante o encontro tamén contará a súa experiencia e estadía en Palestina.

É autor de obras como: Oda as nais perennes con fillos caducos entre os brazos, Pedras de Plastilina, Tren, Cheira, etc

Segundo Iglesias o libro que presenta en Mnforte é verso e fotografía sobre África, “88 imaxes que pasean con moitas palabras máis por este continente, nunha lectura das fronteiras que navegan as augas de ríos, lagos, mares e oasis, e o visionamento dunha historia contada en ladaíñas de silencios e berros. É un mapa debuxado con pasaportes que buscan visados cos que espertar de travesías deseñadas coas físgoas dos calzados que aínda non tiveron pé e, así a todo, xa confesan colleitas de insultos e adubos. As imaxes feitas palabras e viceversa evocan un continente que exacula cores, á vez que viste de loito calcañares e calcañares e calcañares esquecidos nas pegadas que deixan as ladaíñas da vida”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...

O 15 de decembro comeza a funcionar en Monforte o servizo de Bus Rural

O novo autobús percorrerá as 26 parroquias do Concello de Monforte, dando servizo de...