HomesociedadeDeloreans nas Festas de Nadal de Monforte

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

Este venres Deloreans actuou na zona peonil da rúa Cardeal, o primeiro dos concertos a cargo de grupos monfortinos programadas polo Concello de Monforte nestas Festas de Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, e a Concelleira de Comercio, Regina López.

A música en directo a cargo dos grupos monfortinos regresa á rúa Cardeal o 2 de xaneiro de 2026, ás 20.30 horas, coa actuación de Malenne.

O alcalde destaca a aposta do Equipo de Goberno por darlle protagonismo aos grupos locais coa idea de visibilizar o seu importante traballo creativo: “Queremos poñer en valor aos nosos grupos, que ademais contan cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”. O rexedor incide ademais na aposta pola dinamización das rúas durante estas festas, potenciando con esta animación as compras no comercio local.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...