HomeCultura'Xénese dun paiaso' espectáculo do Mago Brandan en Sarria

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

Poderase asistir ao mesmo do 1 ao 6 de xaneiro nunha carpa habilitada na Praza da Vila de Sarria. O espectáculo está patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a entrada é de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao 6 de xaneiro en Sarria. Trátase dunha montaxe arredor da infancia, a imaxinación e a maxia construída arredor dun personaxe, “o pequeno Brandan”, que, ao atopar unha vella maleta, esperta unha maxia que  transforma o seu cuarto nunha carpa chea de artistas.

As actuacións, con entrada de balde e ata completar aforo, organízanse nunha carpa instalada na Praza da Vila do Concello de Sarria os días 1, 2, 3, 4, 5 e 6 de xaneiro en diferentes horarios. O xoves 1, venres 2 e martes 6 os pases serán ás 17:00 a ás 19:00 h. O domingo 4 haberá 3 pases; ás 12:00, 17:00 e 19:00 h. mentres que o sábado 3 e o luns 5 só se poderá asistir nun só pase, ás 12:00 h.

O espectáculo está financiado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS