A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará a presenza e influencia da Orde do Temple na zona, froito dunha investigación rigorosa da relatora. Tras a charla, realizarase unha visita ao templo románico de San Pedro de Canaval.
A actividade está organizada polas asociacións O Colado do Vento e Segredos de Pantón, e pretende achegar ao público unha parte pouco coñecida da historia medieval da contorna.
ALMUDENA BOUZÓN CUSTODIO
Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2014, ao ano seguinte cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, textos e contextos na mesma universidade. En marzo de 2022 defendeu a súa tese doutoral “A Orden do Temple no Reino de Galicia na Idade Media”, dirixida polos profesores Julio Vázquez Castro (USC) e Xosé M. Sánchez Sánchez (USC-UNED) e realizada dentro do Programa de Estudos Medievais da USC.
Tamén fixo prácticas laborais no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela e ampliou a súa formación en paleografía e diplomática.

