Inda hoxe lembro o aspecto do edificio. Aquela taquilla dimunita dende a que asomaba Pedro, o fillo do propietario. Na miña mente de cativo, o home parecíame unha criatura propia do xénero fantástico que custodiaba con celo a entrada a un mundo máxico. Xa dentro, o vestíbulo recibía aos asistentes cunha serie de fotogramas da película en cartelera.
Bótase en falta ás veces esa maneira de decorar, dándolle protagonismo a peza en sí, sen tanta parafernalia publicitaria que hoxe en día satura os ollos dos espectadores antes incluso de entrar na sala. Lembro tamén aquel olor característicos dos vellos teatros, e sobre todo a inmensidade da sala, maior se cabe dende a perspectiva dun neno que comeza a abrir a súa mirado ao mundo. A pesar do paso do tempo, para min o cine (refírome ao cine en sala) segue sendo unha serie de experiencias únicas que non se pode replicar na casa, nin sequera co mellor dos equipos audiovisuais.
O cine é un espazo, como o teatro, pensado para a cartarse colectiva. Independetemento do xénero, a visualización en pantalla grande acompañado do resto público é algo único. E un feito que por desgraza vexo cada vez menos, os corrillos improvisados tras a proxección da película (ás veces con descoñecidos). Esa necesidade urxente de falar das sesancións ou reflexións que che provocou a obra, ou destacar o brillante que estivo tal actriz ou tal actor, calidade da fotografía, a orxinalidade da montaxe, etc.
A verdade é que hoxe en día as miñas visitas ao cine son reducidas, a escasa variedade na oferta, unido a que cada vez son menos os amigos que se animan a acudir a unha sala fai que esta actividade que cheguei a realizar ata 2 veces á semana, agora sexa case algo excepcional. Pero fai uns poucos días tiven a sorte de acudir ca miña amiga Cris para ir ver Rondallas, -fago un inciso para recomendala, a mellor maneira que teño de definala é coma unha comedia con alma.
Cineclub do Ateneo Casino
A historia adéntranos na vida dunha pequena vila pesqueira de Galicia na que unha serie de persoas tocadas por un suceso tráxico pelexan por recuperar a rondalla na que participaban moitos veciños. Unha historia fermosa con boas doses de humor e un elenco que está espectacular.- Falaba pois de compatir sensacións e reflexións entorno ao cine, e esa é a intención ca que nace o Cineclub do Ateneo Casino, proxecto que conta ca implicacion actualmente do Colectivo Nordés e do Fancine. O mero feito de que este proxecto esté en marcha xa é un pequeño soño feito realidade.
Non foron poucas as persoas que nestes días se achegaron para felicitarme e preguntarme pola programación, só por iso xa paga a pena o esforzo. Pero este proxecto pretende ser moito máis que un espazo no que se proxectan películas e curtas. Queremos que o noso Cineclub sexa o cine club de tódolos monfortinos, un punto de encontro no que haberá espazo para coloquios e debate entorno ás películas programadas.
E por suposto, non desbotamos a estela que nos deixou o Cineclube A Calexa, canto se bota de menos! Aproveito para mandarlle un saúdo e un agradecemento polo seu traballo a Alfredo Vázquez, cabeza visible deste cineclub durante moitos anos. Moi probablemente eu non tería esta vinculación tan forte co audiovisual de non ser por esas proxeccións dun cine un pouco máis underground e das charlas e conversas tan nutritivas que puiden compartir con mumerosas persoas durante anos.
E xa que falamos de cine e da necesidade de compartir sensacións, falemos tamén dunha pequena realidade que leva anos quitándome o sono. Son numerosas as ocasións, cando falo da actividade cultural na nosa comarca, nas que reparamos en varias problemáticas: o escaso interese por parte da política institucional á hora de promover e comprometerse con iniciativas culturais orxinais, a falta dun referente informativo á hora de coñecer a oferta cultural da zona e a carencia de promover sinerxias.
Desde esta humilde tribuna fago un convite a tódolos profesionais e actores culturais de Monforte e Comarca. Hai unha realidade case indiscutible, sen unidade de acción as nosas iniciativas continuarán tendo un percorrido moi limitado. O potencial de Monforte é innegable, contamos con espazos incribles, tanto interiores como exteriores, temos referentes coma Manuel Valcarce (Piro), Dani de la Torre, a produtora Némesis, festivais coma o Fancine, o Vendaval o FICA e moitos máis. Sería unha mágoa que todo este talento se perdera coma bágoas na choiva. Coido que chegou o momento da abandonar a comodidade dos nosos compartimentos estanco, adentrarnos en novos mundos e por que non, pisar algún que outro xardín.
Por último, quero agradecer persoalmente a implicación e o apoio por parte da dirección do Ateneo Casino, e da súa presidenta Aurora Azurmendi e de Cris Méndez, encargada de redes sociais, en particular. Tamén quero lembrarme de Miguel, encargado da posta a punto da sala.
Este proxecto nace cos brazos abertos á participación e ás suxerencias de calquer espectador ou persoa implicada co mundo cultural. Unha aperta a todos e vémonos no cine!


