HomeCulturaMicro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

Este sábado 14, ás 18:00h, a Cafetería MON de Monforte acollerá unha sesión de Micro Aberto, un encontro participativo arredor da música, a poesía, a palabra e a expresión artística, con entrada libre e aberta a toda a veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no que converxen distintas xeracións e culturas. Trátase dun colectivo diverso, unido polas inquedanzas artísticas e polo compromiso coa dinamización cultural do territorio, que aposta por crear espazos de encontro, intercambio e creación compartida.

O Micro Aberto deste sábado é froito da colaboración entre este colectivo creativo, o artista e xestor cultural monfortino Maro Carretero, e a Cafetería Mon, que facilita o seu espazo para facer posible a actividade. A proposta combina actuacións espontáneas de música, poesía e outras disciplinas artísticas cun ambiente aberto e participativo.

Desde a organización lembran que tanto este Micro Aberto como os que se están a programar posibilitan a participación das persoas presentes. Pódese compartir unha canción, un poema, unha peza musical ou unha intervención artística. A proposta busca consolidarse como un punto de encontro cultural inclusivo, interxeracional e diverso, que contribúa a fortalecer a vida cultural da comarca desde a colaboración e a creatividade compartida.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Proxección e coloquio no Ateneo Casino monfortino

O Cine Clube do Casino Ateneo convida a unha nova proxección audiovisual de balde....