HomeCulturaPresentación no Círculo Saviñao do último libro de Antonio Lois

Presentación no Círculo Saviñao do último libro de Antonio Lois

O Círculo Saviñao acolleu a presentación do último libro de Antonio Lois, o poemario "Lembranzas e Sentimentos de quen soñou ser poeta".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autor, economista e Técnico en Estampados Tintes e Acabados Textiles, leva en Cataluña toda a súa vida laboral, na que non deixou de estrañar o seu mundo mozo no Castro de Mourelos que rememora de novo con esta publicación chea de recordos e de morriña.

Para o acto contouse coa colaboración do chantadino, Anxo Boán Rodríguez e de Germán López Quiroga, que tamén recitaron poemas de
Antonio. Ramataron o recital amigos coma Yolanda Lois, Ana Rey, José Pedreira, Suso Talento, Sara Limeres, Paco Ledo…

“Un acto emotivo con encontro de vellos amigos ós que sempre nos gusta acoller e saudar”, destacan desde O Círculo Saviñao.

Presentación Antonio Lois / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...