HomeCulturaOs premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

Convocáronse pola Fundación Xosé Soto de Fión (O Saviñao), entidade que xestiona o Ecomuseo de Arxeriz, e premian os mellores relatos do alumnado do último ciclo de educación primaria e da ESO. Nesta primeira edición do certame entraron a concurso 67 relatos.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de educación primaria e de calquera ciclo de ESO de centros educativos galegos, rematará o vindeiro 12 de xuño coa entrega de premios. O devandito concurso, organizado pola Fundación Xosé Soto de Fión –xestora do Ecomuseo de Arxeriz no Saviñao– homenaxea ao fundador desta entidade, José Soto Rodríguez, quen asinou co pseudónimo de Xosé de Arxeriz as súas obras literarias.

O certame ten como obxectivo “fomentar a creatividade literaria en lingua galega e promover valóres culturais, etnográficos, históricos e ecolóxicos de Galicia”, e nesta primeira edición presentáronse 67 relatos.

O día de entrega de premios, os alumnos gañadores recolleran os seus premios e tanto eles como o resto de alumnado das súas respectivas clases farán unha visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz e unha viaxe en catamarán polo Miño.

PREMIOS

Os relatos premiados na categoría de primaria foron: A filla do mar, de Carmen Otero (colexio Eloísa Rivadulla de Chantada), e Martiño e Uxío, dous heroes entre ou lume, de Valentina Aguado Sánchez (CEIP de Quiroga). Na categoría de secundaria, os galardóns foron para A pedra, de Yassin Amarante O Hakimy (Instituto Val do Asma de Chantada), e Xa cho conto mañá, dunha alumna do instituto Ramón Menéndez Pidal da Coruña.

O XURADO

O xurado do certame estivo formado por José Antonio Quiroga, presidente da Fundación Xosé Soto de Fión; Milagros Mondéjar Ovelleiro, presidenta de honra desta entidade e catedrática de grego; e Xabier Quiroga, escritor e profesor de lingua galega orixinario do Saviñao.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...