HomeCulturaA curta 'Cara de cona', rodada en Pantón e Sober, candidata aos...

A curta ‘Cara de cona’, rodada en Pantón e Sober, candidata aos Premios Fugaz

Con 10 nomeamentos sitúase entre as grandes protagonistas da 10ª edición dos premios de curtametraxes máis relevantes do Estado. A gala terá lugar o vindeiro día 22 de xuño na 'Sala 25 de Kinépolis Ciudad de la Imagen' en Madrid.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A curtametraxe ‘Cara de cona’, dirixida polo vigués Guillermo de Oliveira e rodada nos municipios lucenses de Sober e Pantón, encabeza a representación galega nos premios máis relevantes da curtametraxe española. A obra competirá en dez categorías: Mellor Curtametraxe, Dirección, Guión, Dirección de Produción, Fotografía, Montaxe, Vestiario, Maquillaxe e Salón de peiteado, Banda Sonora e Interpretación Masculina, esta última para Milo Taboada.

Ambientada na Galicia rural, “Cara de cona” é unha comedia negra protagonizada por Moncho, un home que ve alterada a súa tranquilidade coa chegada de Pardavila, un veciño cara ao que desenvolve un odio irracional ata idear un plan criminal tan retorto como absurdo. A película conta na súa repartición con Milo Taboada, Diego Anido, Nancho Novo, Cristina Andrade e Noah de Diego, e conecta coa traxectoria de Guillermo de Oliveira, director de “Desenterrando Sad Hill”, documental premiado en Sitges e nomeado ao Goya a Mellor Documental.

A gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro 22 de xuño na emblemática Sala 25 dos cines Kinépolis Ciudad da Imaxe, en Madrid, espazo que conta cun aforo para mil persoas.

PREMIOS FUGAZ, UN REFERENTE A NIVEL ESTATAL

A organización dos Fugaz destacou que este ano presentáronse máis de 600 curtametraxes, pezas que foron valoradas por unha comisión de máis de 1.800 profesionais do sector. Ademais, como gran novidade desta edición, amplíanse a 10 os títulos nomeados na categoría de Mellor Curtametraxe, co obxectivo de reforzar a representatividade do premio e reflectir con maior amplitude a calidade dos traballos seleccionados.

Con dez anos de traxectoria, e nacidos da man de CortoEspaña, este festival foi ampliando o seu alcance e a súa ambición: cun salto moi visible xa nos seus primeiros pasos, cando pasou de 9 categorías na primeira edición a 18 na segunda e seguiu crecendo ata o actual marco de 21.

Cartel

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...