HomeCultura18 e 19 de xullo de tradición e xogos na Festa da...

18 e 19 de xullo de tradición e xogos na Festa da Madalena dos Anguieiros en Montefurado

Dentro da programación desta cita nos Anguieiros parroquia de Montefurado en Quiroga, destacan o 'Concurso de Madalenas', recuperado o ano pasado nun intento de ir dándolle máis relevancia, e o Campionato de Bolos Celtas que este ano chega á súa XIV edición e despois de que este ano o xogo fora recoñecido como BIC.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para participar no “Concurso de Madalenas” as persoas participantes deben de inscribirse dende as 16h ata as 19h do sábado 18 de xullo na mesma aldea dos Anguieiros. Unha persoa da organización recollerá as elaboracións. Deben de presentar un mínimo de 6 madalenas metidas dentro dun recipiente desbotable e dentro poñer o nome da persoa participante. Hai que avisar tamén se levan froitos secos, gluten ou otros alérxenos. O xurado valorará sabor, presentación e orixinalidade. A persoas gañadora recibirá unha cesta variada de produtos locais.

Ás 22h darase a coñecer o nome do ou da afortunada no transcurso da merenda popular e entregaráselle o premio. As madalenas entregadas a consurso sobrantes poderán ser logo degustadas pola xente asistente. 

A axenda completa para toda a fin de semana é a seguinte:

Sábado 18
8:30h Camiñada da Madalena. Saída dende a Igrexa de Montefurado.Montefurado-Vilaster-Montefurado (Camiño de Inverno).
19:00h Xogos populares para a cativada (chave, bolos, o pano, corda…).
21.00-23:00h Merenda popular e Serán Musical a cargo do Grupo de Música Tradicional MERENZAO (Programa TRADIGALU de Vicepresidencia da Deputación de Lugo)
22:00h Entrega de premio do Concurso de Madalenas.

Domingo 19
10:00 h   XIV Campionato de Bolos Celtas. Premios para os 4 mellores (4 masculino / 4 feminino)
12:30 h  Entrega de premios dos bolos e Alborada a cargo do Grupo de Música Tradicional ABERTAL.
13:15 h  Misa e Procesión.
14:00 h  Aperitivo popular e sesión vermú con ABERTAL.Agradecemos a difusión e estades convidad@s. Para maior información contactar co tel 657014555.

O cartel co programa da festa é un deseño da ilustradora Laura Maquieira, gañadora nunha ocasión do Concurso de Carteis das Festas de Quiroga.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...