HomeCulturaMonforte ‘contará’ cunha actuación do Festival Atlántica o 22 de marzo

Monforte ‘contará’ cunha actuación do Festival Atlántica o 22 de marzo

A sexta edición do encontro máis grande de narración oral da Península Ibérica que se viña celebrando en Santiago de Compostela, descentralízase este ano cara as catro provincias galegas sendo Monforte de Lemos un dos escenarios escollidos en Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O evento, de carácter internacional, xunta a contadores de historias galegos pero tamén de diferentes lugares da Península Ibérica como Canarias, País Vasco ou Teruel; e de diferentes países como Portugal, Brasil, Uruguai ou mesmo Xapón.

Festival Atlántica, que este ano celebra a súa sétima edición, chegará por primeira vez á provincia lucense grazas á colaboración coa Deputación e co Concello de Lugo. A presentación da programación tivo lugar este mércores, 27 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Pilar García Porto, deputada da subárea de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico, Artesanía e Deseño e Educación da Deputación de Lugo; Carmen Basadre Vázquez, concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo; Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, Muller e Xuventude de Viveiro; Marina María Doutón Rajo, concelleira de Cultura, Educación, Xuventude e Igualdade de Monforte de Lemos; Regina Polín Rodríguez, alcaldesa de Guitiriz; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

Na súa intervención, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, remarcou que este festival é a primeira vez que se achega a terras lucenses, concretamente aos concellos de Lugo, Guitiriz, Monforte de Lemos, A Fonsagrada e Viveiro. “E apoiamos esta iniciativa, na que participan un total de 16 concellos de toda Galicia, con 30 narradores en máis de 90 actuacións, para contribuír a promover e preservar a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións. A literatura oral é unha delas”, remarcou a deputada.

A directora do Festival, Soledad Felloza, fixo fincapé na importancia simbólica de levar os contos ata Lugo porque é a oportunidade de “xuntar as voces antigas do interior e do mar na terra de Fole, Cunqueiro, Manuel María…” A sétima edición é “a do encontro das historias do mar e dos bosques, de Esmelle e do Atlántico, da Terra Chá, das cidades mergulladas, das lagoas míticas, do corazón da Galicia Encantada que recolle e custodia Reigosa”. Así mesmo destacou a intensidade coa que a provincia de Lugo se incorpora ao evento, con cinco concellos, catro xornadas, incluíndo o Día Internacional da Narración Oral, dez artistas e quince actuacións en total.

O Concello de Monforte de Lemos acollerá dúas sesións, en distinto horario e para diferente tipo de público, o venres 22 de marzo na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Os narradores, dous dos máis coñecidos do panorama actual galego, serán Soledad Felloza, directora do Festival, e Celso F. Sanmartín.

Na sesión para público familiar, programada para o venres 22 ás 17:30 h., o galego Celso F. Sanmartín presenta “Contar” e a uruguaia Soledad Felloza “De Tin Marín”.

No que respecta á sesión para público adulto, o mesmo venres pero ás 20:00 h. Soledad Felloza ofrece o seu espectáculo “O comezo do mundo” e Celso F. Sanmartín “Contar”.

Cartel actuación para público adulto en Monforte.

Os espectáculos serán en galego e a entrada de balde ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...