HomeCulturaCelebración do 'Día das Bibliotecas' cunha intensa xornada de actividades culturais no...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao organizará unha xornada de actividades culturais dende as 14:00 ata a medianoite cun programa pensado para todos os públicos. O evento, que terá lugar este venres 23 de outubro, inclúe contacontos, obradoiros, xogos colaborativos, ciclobiblioteca, merenda e cea con música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao organiza para o venres 23 de outubro unha ampla e variada programación destinada a achegar a lectura, a creatividade e o lecer a toda a veciñanza. Pola mañá haberá actividades cos centros escolares, e desde as 14:00 haberá microvisitas guiadas pola Ribeira Sacra sen saír da biblioteca. A partir das 16:00 horas comezará o groso das actividades que se estenderán ata a medianoite, “ofrecendo un espazo de encontro para nenos, nenas, familias e público adulto”, comenta Mónica Carballo, a bibliotecaria.

PROGRAMA

As actividades comezan ás 16:00 h cun obradoiro de decoracións de Samaín. Ás 17:00 h comezará a actividade ‘Operación Negra Sombra‘, a cargo do escritor Antonio Manuel Fraga. Ás 18:00 h terá lugar unha ‘Merenda con Xogo‘, seguida ás 19:00 h coa proposta de Estefanía Padullés ‘A superheroína do noso cómic‘.

A partir das 20:30 h, a dinamización continuará con Xogos musicais, dando paso ás 21:00 h á actividade ambiental e creativa ‘Menos mercar, máis crear‘, impartida por Biophilia. Para esta actividade pódese traer unha camiseta branca para estampala. Na recta final da xornada, ás 22:30 h, os asistentes gozarán dunha Cea con Música e ás 23:00 h chega a ‘Ciclobiblioteca na biblioteca‘ da man de Carballo con Botas (Anxo Moure). Ó redor da medianoite pecharase a xornada cunha actividade de despedida.

Anxo Moure. Foto: cultura.gal

Ao longo de toda a tarde e noite haberá tamén diversos obradoiros e xogos entre unha actividade e a seguinte.

ACTIVIDADES PARA TODAS E TODOS E CON INSCRICIÓN PREVIA

Agás as sesións de Antonio M. Fraga e Estefanía Padullés (que contan cun enfoque específico), o resto da programación está dirixida a público infantil, adulto e familiar, promovendo a convivencia interxeracional ao redor da cultura.

Desde a organización lémbrase que a inscrición previa é obrigatoria –na propia biblioteca ou a través do teléfono, mail ou redes sociais– para garantir o material de traballo a todas as persoas participantes e para xestionar axeitadamente a loxística das merendas e ceas ofrecidas (ás 18:00 h e ás 22:30 h). Ao formalizar a inscrición, cómpre indicar se algunha persoa participante presenta alerxias ou intolerancias alimentarias.

Esta iniciativa conta co apoio do programa de dinamización lectora Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...

Chantada reabre ao tráfico a rúa Serra do Faro, con importantes melloras despois do temporal do pasado inverno

Despois de ver as consecuencuias do temporal, o Concello de Chantada informou da situación...