HomeCultura“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos...

“Artur Ui, o ovo da serpe”, este 22 de outubro no Multiusos de Monforte

Monforte ten unha nova cita coa programación teatral de outono. Este xoves, 22 de outubro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acolle a representación de “Artur Ui, o ovo da serpe”, da compañía galega Talía Teatro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC, da que forma parte o Concello, e dos Circuítos de Teatro Profesional e Afeccionado da Deputación de Lugo, coa que se ofrece á cidadanía unha ampla variedade de propostas escénicas ao longo do último trimestre do ano.

A representación está dirixida ao público adulto. O prezo da entrada é de 5 euros, cunha tarifa reducida de 3 euros para estudantes, persoas desempregadas e xubiladas.

“Artur Ui, o ovo da serpe”, é unha obra escrita por Bertolt Brecht, adaptada por Quico Cadaval e Diego Rey, e dirixida por Quico Cadaval. O elenco artístico está formado por Toño Casais,  Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo. Esta peza é unha aposta por contar o momento actual a través da lente crítica e irónica do teatro épico.

Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico do século XX, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co momento actual no que o fascismo asoma novamente o fuciño fóra do ovo.

A proxima cita será o xoves, 29 de outubro, 20:15 h no Edificio Multiusos coa representación de “#Influencers”, de Negro López.

ÚLTIMAS

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...

En marcha o estendido do aglomerado na estrada provincial que vai de Mundín a Taboda por Adá

Os traballos centráronse esta semana no fresado do firme e no estendido dunha nova...

Máis de 1.400 inscritos e 8 casas do terror no QuiMedo que se celebra este 24 de outubro

O pavillón municipal, será unha vez máis o centro neurálxico do QuiMedo. Abrirá a...

Chantada reabre ao tráfico a rúa Serra do Faro, con importantes melloras despois do temporal do pasado inverno

Despois de ver as consecuencuias do temporal, o Concello de Chantada informou da situación...