HomeCulturaEste 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte,...

Este 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte, maxia para público familiar na programación do 25-N

A actuación, a cargo da ilusionista Maga Fani, é gratuíta e terá lugar na Casa da Cultura, este domingo, 22 de novembro, ás 18.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello de Monforte arredor do 25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia de Xénero, co obxectivo de promover a sensibilización e a implicación de toda a sociedade na loita contra as violencias machistas.

A actuación correrá a cargo da ilusionista Maga Fani, que combinará ilusionismo, comedia e participación do público para transmitir valores de igualdade e transformación social. “Igualdade, onde estás?” é un espectáculo cheo de ilusións, moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades de xénero  cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas a través da educación e a cultura. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

O acto central da conmemoración do 25-N desenvolverase o mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, na Praza do Concello. Comezará coa lectura do manifesto institucional, que correrá a cargo da concelleira de Muller e Igualdade, Regina López, e continuará coa performance “Cadeiras Baleiras”, unha acción artística e de protesta social que pretende visibilizar o baleiro irreversible que deixan as vítimas asasinadas pola violencia machista. Incluiranse tamén tres cadeiras baleiras en lembranza dos tres menores vítimas da violencia vicaria.

No acto participará alumnado de Educación Primaria dos centros educativos da cidade, co obxectivo de facer partícipes tamén aos máis novos desta xornada de reivindicación e concienciación. Ademais, repartirase entre as persoas asistentes material de sensibilización baixo o lema da campaña “Monforte en Negro contra as Violencias”.

A campaña inclúe tamén a colocación de pancartas conmemorativas do 25-N no edificio do Concello e no Centro Cívico, así como a instalación dun vinilo da campaña no Bus Urbano. Como novidade, instaláronse tótems informativos permanentes sobre os recursos existentes fronte á violencia de xénero na Casa Consistorial, a Biblioteca Municipal e o Complexo Deportivo da Pinguela.

Curso de Defensa Persoal Feminina

O xoves 26 de novembro celebrarase no Centro Cívico unha nova edición do Curso de Defensa Persoal Feminina, unha actividade que se incorpora novamente ao programa municipal pola boa acollida que ten entre as participantes. O curso será impartido por Juan José Martínez, que empregará o “Método Mais” e unha metodoloxía específica de defensa persoal feminina para ensinar ás mulleres a utilizar o corpo e a mente ante posibles ameazas e situacións de risco. A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. As mulleres interesadas deberán anotarse previamente no Centro de Información á Muller (CIM), no teléfono 982 41 63 50.

A actividade desenvolverase en dúas quendas:

  • Mañá: de 9:30 a 13:30 horas.
  • Tarde: de 16:00 a 20:00 horas.

Tamén o xoves 26 de novembro, ás 20:15 horas, o Edificio Multiusos acollerá a representación da obra teatral “A cámara escura”, da compañía Vórtice Escénico, dentro da programación teatral que organiza o Concello de Monforte a través da Rede de Teatros e Auditorios. A peza, escrita por José Luis Baños de Cos e dirixida por Sara Rey Seoane, está dirixida ao público adulto e aborda a realidade das vítimas do ciberacoso, que se ven conducidas a unha espiral de desprezo e dor.

ÚLTIMAS

Alumnado do IES A Pinguela fai a Ruta dos Fornos e tírase en tirolina

Alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela de Monforte achegouse esta semana ata...

Olalla Rodil destaca en Sarria que o BNG traballará desde o congreso para mudar a política industrial

Rodil visitou o Polígono do Morelle xunto co Vicepresidente da Deputación e concelleiro do...

Chantada reforza o acceso á información turística nun outono que segue atraendo visitantes á Ribeira Sacra

Destaca o interese dos visitantes nesta época do ano na que a paisaxe do...

A Deputación adxudica a explotación dos Náuticos Ponte do Sil e Maiorga

Con estes acordos, a institución provincial dá continuidade á actividade turística e de lecer...