HomeCulturaSegredos de Pantón expón as mellores fotos do I Concurso Fotográfico de...

Segredos de Pantón expón as mellores fotos do I Concurso Fotográfico de Nadal

A inauguración da mostra será este sábado 16 de marzo ás 18:00 h. na Rectoral de Castillón no Concello de Pantón.

Publicado o

- Advertisement -

O activo e dinámico colectivo Segredos de Pantón convida a unha nova actividade. Nesta ocasión unha mostra fotográfica na que se poderán ver algunhas das mellores fotos que se presentaron ao “I Concurso Fotográfico de Nadal”.

En concreto trátase, segundo nos traslada un dos organizadores, de “10 imaxes escollidas pola súa calidade e coa intención de amosar lugares emblemáticos, pero tamén outros menos coñecidos que son igualmente fermosos”.

O lugar escollido para desenvolver esta exposición, que se poderá visitar do 16 ao 31 de marzo, foi a Rectoral de Castillón, establecemento de turismo rural que se prestou encantado e axudou tamén a financiar a atividade.

A inauguración, da man de responsables de Segredos de Pantón e da xerencia desta Casa de Turismo Rural, terá lugar este sábado a partires das 18:00 h. con previsión de que se convide a un viño e un pincho aos asistentes.

ÚLTIMAS

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...