HomeCulturaO Círculo Saviñao inaugura exposición

O Círculo Saviñao inaugura exposición

Trátase dunha mostra de pintura de Carmen Prado, artista lucense que expón por cuarta vez nesta sociedade.

Publicado o

- Advertisement -

Este domingo día 17 de marzo inaugurouse no Círculo Saviñao de Escairón a exposición de pintura de Carmen Prado “Novos personaxes”. Permanecerá ata o 28 de abril no local social.

Foi ás 20:00 h. e o acto estivo moi concurrido, aproveitando os alí presentes para facer unha visita comentada coa autora e despois gozar dun viño e uns pinchos.

Gran acollida na inauguración da exposición. Fonte: Enrique Sampil

Carmen Prado é unha pintora autodidacta que pinta por afección e intuición atopando nesta disciplina artística unha forma máis de expresarse e dicir o que quere. As imaxes que atopamos na súa obra parten da observación do máis cotiá, situacións, sentimentos cautivos, posturas inacabadas, personaxes con historias por rematar…

Tres mulleres, ‘personaxes’ dun dos cadros de Carmen Prado. Fonte: Enrique Sampil

Despois de máis de 20 anos dedicada ao debuxo anatómico e científico en revistas e libros especializadod, no 2013 presenta a súa primeira exposición pictórica e dende aquela non parou. Que teña creacións súas en gran parte da nosa xeografía pero tamén en países como Inglaterra, Dinamarca, Francia, Marruecos demostran o gran interese que esperta a súa obra.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...