HomeCultura'Idénticas', Premio Mestre Mateo 2019, estréase en Monforte

‘Idénticas’, Premio Mestre Mateo 2019, estréase en Monforte

A última longametraxe documental producida por Amanita Studio pode verse este venres nos Multicines Hollywood. Antes da proxección falarán o produtor, Iván Patiño, e o director, Luis Avilés Baquero.

Publicado o

- Advertisement -

A cinta de Amanita Studio, que gañou o Mestre Mateo ao mellor documental o pasado 2 de marzo, comeza a súa distribución cinematográfica pola xeografía galega con estreas xa pechadas en distintos cinemas e concellos galegos. Como era de esperar, Monforte de Lemos acollerá este venres 5 de abril o primeiro pase da súa andaina ás 20:30 h. nos Cinemas Hollywood.

Estarán presentes o produtor do documental, Iván Patiño, e o director, Luis Avilés Baquero que farán unha breve presentación da película antes da proxección e atenderán tamén ás preguntas dos presentes na sala.

Iván Patiño con outros/as premiados co Mestre Mateo 2019. Foto: Amanita Studio

Idénticas é un documental que fai un seguimento ao longo dun ano das irmáns Cayetana e Celia, dúas nenas que sofren unha enfermidade ultrarara coñecida como Heteroplasia Ósea Progresiva. A obra audiovisual nace coa intención de dar a coñecer a doenza destas menores de Lousame e céntrase no día a día da relación entre elas e cos seus pais. Segundo se coñece, esta enfermidade afecta tan só a 62 persoas no mundo.

Cayetana e Celia son as únicas xemelgas idénticas no mundo que teñen esta doenza pero é que ademais son o único caso no mundo no que unha das irmáns, Cayetana, experimenta os síntomas mentres que Celia non ten a enfermidade en proceso.

A metade da recadación da billeteira irá destinada á ASGPOH, Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva, entidade que dá a coñecer esta enfermidade progresiva, dexenerativa e invalidante ao tempo que serve de plataforma para o estudio da mesma e para apoiar aos afectados e ás súas familias.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...