HomeCulturaDa Idade do Ferro á Tardoantigüidade, evolución das mentalidades

Da Idade do Ferro á Tardoantigüidade, evolución das mentalidades

O sarrián, Aitor Freán Campo, presenta o ensaio “Da Idade do Ferro á Tardoantigüidade”, no que afonda na evolución da relixiosidade e as mentalidades do noroeste peninsular neste período.

Publicado o

- Advertisement -

O acto de presentación será este venres, 12 de abril, ás 20.00 horas na Casa dá Cultura de Sarria. O ensaio é froito de 8 anos de investigación de Aitor Freán, doutor en Historia pola Universidadede Santiago de Compostela.

O autor analiza, no traballo que se presenta o venres, as mentalidades e a relixiosidade dos habitantes do noroeste peninsular durante a Idade do Ferro e como evolucionaron despois da romanización e a súa posterior cristianización.

O autor articula a investigación en base a sete cuestións fundamentais: a ocupación do espazo e as súas consecuencias simbólicas, a morte e o ámbito funerario, a ritualidade, os espazos sacros, o sacerdocio, as divinidades e a incidencia de cultos orientais sobre todas estas realidades.

Desta forma analízanse as principais transicións e alteracións culturais que afectaron á relixiosidade e mentalidades da rexión e que son fundamentais para entender, non só aos seus contemporáneos, senón tamén á forma de ver e de entender o mundo dos que hoxe habitan ese territorio. Para a presentación contarase coa presenza da concelleira de cultura de Sarria, Mónica López.

ÚLTIMAS

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que...

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación da muralla e a remunicipalización do servizo de abastecemento

A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo...

O PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

Despois de ter presentado distintas iniciativas, o Partido Popular anuncia que volverán dirixirse formalmente...