HomeCulturaPremio de poesía Fiz Vergara Vilariño

Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

O prestixioso certame poético convocado polo Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos espera obras ata o 17 de maio. O premio para o gañador está dotado de 6000 euros e a publicación na Editorial Espiral Maior.

Publicado o

- Advertisement -

O XIX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño botou a andar xa o día 11 de marzo pero aínda queda un mes para poder participar.

As obras, inéditas e non presentadas antes a concurso algún, serán en galego e a extensión non debe pasar dos 500 versos.

Os traballos presentaranse en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara e por cuadriplicado en exemplares separados. En sobre pechado terán que incluírse os datos de identificación e de contacto do autor ou autora. O envío farase por correo certificado a XIX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, Concello de Sarria, Rúa Maior 14 27600 Sarria (Lugo).

O premio, que poderá considerarse deserto polo xurado, está dotado con 6000 euros e a obra será publicada pola Editorial Espiral Maior.

O xurado estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidenta a Concelleira de Cultura de Sarria, as dúas con voz e sen voto. A decisión será inapelábel e será dada a coñecer antes do 31 de outubro de 2019.

O contido completo das bases pode consultarse na páxina web do Concello de Sarria.

Fiz Vergara Vilariño naceu na parroquia de Santalla no concello de Samos o 15 de abril de 1953 e finou nese mesmo lugar un 18 de xullo de 1997. No eido da poesía a temática predominante da súa obra, partindo dun fondo existencialista, foi a de carácter social, paisaxística e amorosa.

Os concellos de Sarria e de Samos reivindican dende hai anos que se lle dedique o Día das Letras Galegas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...