HomeCulturaA música medieval de Lucus Ensemble soará no Saviñao e Monforte

A música medieval de Lucus Ensemble soará no Saviñao e Monforte

Os sons de antigos instrumentos medievais da mostra, O Son do Tempo, soarán na Casa da Cultura de Monforte de Lemos o 3 de maio, ás 20:15 h. e na igrexa de San Estevo de Ribas de Miño do Saviñao, o día 9 de xuño ás 19:00 h.

Publicado o

- Advertisement -

Encargarase dos concertos, o Grupo lucense Lucus Ensemble, un dos principais referentes da música de cámara da provincia. Este grupo está formado por trece compoñentes (once instrumentistas e dous vocalistas). Os instrumentos que se cederán por parte da Deputación para estes concertos son: unha zanfona medieval, unha viola de tres cordas, un salterio e unha Giga. Algúns deles creáronse no Obradoiro de instrumentos musicais do CENTRAD que impulsou a Deputación na pasada anualidade.

A exposición temporal, que estará aberta ata o 25 de agosto na capela de Santa María, recolle unha boa parte da colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. Entre as pezas destacan un organistrum, unha zanfona e violas.

As pezas fan unha viaxe tanto polo patrimonio musical galego, como polo doutras culturas. Recóllense instrumentos mecánicos, obxectos e xoguetes sonoros, indumentaria tradicional,…

O Goberno da Deputación é pioneiro na recuperación de instrumentos medievais, grazas ao traballo coordinado entre artesáns, organólogos, historiadores de arte e músicos que se ven desenvolvendo no Obradoiro Instrumentos musicais dende fai anos.

ÚLTIMAS

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...