- Advertisement -
Este sábado o salón de actos da Casa da Cultura de Monforte ateigouse de deportistas e familiares, para participar deste acto que arrincou coa homenaxe e o recoñecemento a diversas persoas e entidades relacionadas co deporte local e que destacaron ó longo do pasado ano 2018. Os homenaxeados foron:
- Club Lemos en recoñecemento polo ascenso de categoría na tempada 2018 – 2019 e pola xestión económica e deportiva da entidade.
- Santiago Díaz Rodríguez, en recoñecemento pola súa labor como promotor do piragüismo en Monforte.
- José Antonio Díaz Expósito, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador, xestor e directivo deportivo.
- Mariano Rodríguez Cedrón, en recoñecemento pola súa traxectoria como directivo do Club Lemos e por asumir a presidencia do Club en momentos críticos para a entidade.
- Pepe Mourelo, en recoñecemento pola súa traxectoria como comunicador e promotor do deporte.
- José Antonio Arias Parga, en recoñecemento pola súa traxectoria profesional como fotógrafo.
Pola súa banda as gañadoras e gañadores da Gala do Deporte 2019 de Monforte foron:
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO | |
| GAÑADOR | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Jairo Salgueiro Montero | Atletismo |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA | |
| GAÑADORA | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Sonsoles Martín Rodríguez | Atletismo |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA | |
| GAÑADOR | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Alejandro Fernández Franjo | Taekwondo |
| CATEGORÍA MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA | |
| GAÑADORA | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Laura Álvarez Suárez | Taekwondo |
| CATEGORÍA MELLOR ADESTRADOR/A | |
| GAÑADOR | MODALIDADE DEPORTIVA |
| José María Vega Sánchez | Taekwondo |
| CATEGORÍA MELLOR ÁRBITRO/A | |
| GAÑADOR | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Luis Ángel López Rodríguez | Tiro Olímpico |
| CATEGORÍA MELLOR CLUB | |
| GAÑADOR | MODALIDADE DEPORTIVA |
| Club Korbis | Voleibol |

