HomeDeportesQuiroga e o CV Ribeira Sacra monfortino poñen en valor o voleibol

Quiroga e o CV Ribeira Sacra monfortino poñen en valor o voleibol

O 11 de maio o Concello de Quiroga acolle a fase final provincial de Voleibol do Deporte Escolar nas súas categorías Alevíns e Benxamíns. Participarán os equipos mellor clasificados da Zona Val de Lemos e de Lugo capital. Así mesmo, o CV Ribeira Sacra celebra durante todo o mes unhas xornadas de portas abertas.

Publicado o

- Advertisement -

Na categoría Alevín Feminina xogarán os catro mellores equipos de cada unha das zonas. Por Lugo, estarán os equipos do Emevé 1-2-3 e 4; e pola zona do Val de Lemos: Quiroga, Escolapios, Ribeira Sacra e Torre de Lemos.

En canto a categoría Alevín Mixta, estará un equipo de Lugo e tres de Monforte: Emevé, Gandara, Escolapios e Ferroviario.

A categoría Benxamín Feminina tamén estará formada por catro equipos de cada zona. Por Lugo, estarán o Emevé 1-2-3 e 5; mentres que pola Zona Val de Lemos, estarán: Torre de Lemos, Ribeira Sacra, Gándara e Quiroga.

E na categoría Benxamín Mixta, haberá dous equipos por zona. Por Lugo, Emeve 1 e 2; e pola Zona do Val de Lemos, Escolapios e Gándara.

Todos os partidos disputaranse no Pavillón Municipal de Quiroga entre as 10:00 e as 13:30 h. pola mañá e as 15:30 e as 18:30 h. pola tarde.

xornada de portas abertas

Durante todo mes de maio, o CV Ribeira Sacra celebra unhas xornadas de Portas Abertas dirixidas a todos aqueles nenos e nenas maiores de 8 anos que se queiran iniciar e afondar no voleibol e que serán impartidas por adestradores do Club.

As sesións para dar a coñecer o deporte e o club celebraranse todos os martes de 17 a 19 horas e os xoves de 18 a 20 horas na Pinguela.

Estas xornadas serán o preámbulo do novo Campus de Voleibol que todos os anos celebra o CV Ribeira Sacra no mes de agosto, onde poden participar todos os nenos e nenas que o desexen de entre os 7 e 16 anos a cargo de xogadoras de renome da élite do voleibol nacional.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...