HomeDeportesO IES A Pinguela clasifícase para o Campionato de España de Orientación...

O IES A Pinguela clasifícase para o Campionato de España de Orientación a Pé

O equipo de alumnas do IES A Pinguela ven de clasificarse no Campionato Galego de Centros Escolares de Orientación a Pé celebrado en Cenlle (Ourense) para o Campionato de España na categoría cadete feminino.

Publicado o

- Advertisement -

O equipo feminino e masculino do IES A Pinguela fixo un fantástico traballo, cunha puntuación
das vencedoras Cecilia Quiroga e Alba Varela que permitiron este triunfo. A  Galega de Orientación (FEGADO) agradeceu a participación no campionato galego e na competición provincial previa, e deu os parabéns ao centro por clasificarse para o Campionato de España.

Nas categorías infantís clasificouse o IES Ames e en cadete masculino o Colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras.

Desde o IES A Pinguela agradecen ó profesor de Educación Física, Benjamín Longarela, a dedicación a este deporte e ter acadado a clasificación que permitirá ás alumnas competir do 6 ó 8 de decembro no Valle de Hervás (Cáceres) contra outros equipos de España pola clasificación para a World Schools Championship Orienteering.

ÚLTIMAS

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....

A tradicional ‘panceta ao espeto e o chourizo asado’ nas Festas do San Vicente en Margaride

Margaride de Lor, parroquia do Concello de Quiroga, estará de festas a vindeira fin...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...