HomesociedadeChantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€...

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Desfile de Comparsas ao que o concello destina 6.000€, 5.000€ en premios e 1.000 € en axudas, comezará ás 18:00h na Avda de Lugo, á altura da DomusVi para rematar na Praza de Galicia onde a actuación da orquestra La Travesía porá o punto e final á celebración.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co Entroido, organiza o Desfile de Comparsas que se celebrará o sábado, 14 de febreiro; ademais de colaborar tamén co Entroido Ribeirao, de especial interese polo seu carácter etnográfico e que comeza as celebracións o día 1 de febreiro.

As bases do Concurso do Desfile de Comparsas do Entroido 2026 pódense consultar neste enlace. Para participar recóllense dúas categorías: Comparsas Adultos para aqueles grupos formados por máis de 15 persoas e Comparsas Infantil, grupos de máis de 15 persoas formados integramente por menores de 14 anos, ou que máis dun 70 % dos seus membros sexan menores desta idade. Nas dúas categorías establécense os seguintes premios:

  • 1º Premio: 700,00 €
  • 2º Premio: 500,00 €
  • 3º Premio: 300,00 €

Por segundo ano inclúense premios de carácter local, que serán compatibles cos anteriores e que repartirán as seguintes cantidades tanto nas Comparsas de adultos locais como nas de infantil locais:

  • 1º Premio: 500,00 €
  • 2º Premio: 300,00 €
  • 3º Premio: 200,00 €

Para incentivar a participación entregaranse 100,00€ a cada comparsa de máis de 15 integrantes. Esta axuda daráselle a un máximo de 10 comparsas, de superar esta cantidade priorizarase a orde de inscrición.

As persoas e grupos interesados en participar deben inscribirse no Rexistro do Concello desde este xoves, 22 de xaneiro, e ata o 10 de febreiro tal como se recolle no BOP deste 21 de xaneiro, presentando:

  • Solicitude asinada polo participante ou representante legal
  • Fotocopia do DNI do solicitante e no seu caso do CIF

Para máis información poden dirixirse á Casa da Cultura de Chantada no teléfono 982441752. O xoves, día 12 de febreiro, ás 20:00h celebrarase unha reunión de obrigada asistencia na Casa da Cultura na que participará un representante de cada comparsa. Aportarase ademais o audio, de non máis de 3 minutos, que se reproducirá durante o desfile. Esta xuntanza servirá para aclarar dúbidas e precisar o lugar que cada quen ocupará no desfile.

As bases establecen tamén unha duración máxima de 3 minutos para as representacións das comparsas diante do palco ante o xurado, que valorará de 1 a 10 cuestións como o vestiario e orixinalidade dos disfraces, a posta en escena durante o desfile, a simpatía e a gracia dos participantes, a orixinalidade da carroza ou plataforma, o título da comparsa ou grupo e esta actuación final.

ÚLTIMAS

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...