HomeDeportesSarria celebra o día 2 a Carreira do Camiño “A Merced-As Aceas”

Sarria celebra o día 2 a Carreira do Camiño “A Merced-As Aceas”

A cita organizada pola Agrupación Deportiva La Merced de Sarria, coa colaboración do Concello e de Multisports Galicia S.L.U. desenvolverase o día 2 de xuño con saída de La Merced.

Publicado o

- Advertisement -

Haberá diferentes categorías segundo a idade o que varía as características do percorrido. A categoría Mini para os nacidos de 2012 a 2015 que sairá ás 11 da mañá para percorrer unha distancia de 400 metros. A Carreira A é para os nacidos do 2008 ao 2011 e terán a saída ás 11.15 para percorrer 850 metros.

A Carreira B de 2004 a 2007 sairá ás 11.30 para percorrer 1.300 metros. A saída da carreira 10K está aberta aos nacidos do 2003 en adiante e terá saída ás 12.30 para percorrer 10 quilómetros. Participar neste percorrido ten un prezo de 5 euros. Ademais desenvólvense 2 andainas con saída ás 12.15. A Andaina 7K de quilómetros e a 10K de 10 quilómetros.

Ata o momento hai 337 inscritos, pero o prazo está aberto ata o 30 de maio a través da web www.championchipnorte.com

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...