HomeDeportesCorredores de 1 a 74 anos na Carreira Solidaria Río Mao de...

Corredores de 1 a 74 anos na Carreira Solidaria Río Mao de Bóveda

O evento deportivo que organiza dende hai 12 anos o Club Horticelos Aventura de Bóveda celebrouse este domingo, 2 de xuño, con gran éxito de participación.

Publicado o

- Advertisement -

A Carreira Río Mao en Bóveda destaca polo seu carácter solidario, de tal xeito que para inscribirse houbo que pagar 3 euros e entregar un quilo de comida. Tras a recollida de alimentos estes serán distribuídos a través dos xestores locais do banco de alimentos.

Este ano alcanzouse a XII edición e a saída tivo lugar no Muíño do Xil, ás 11:00 h. para as categorías inferiores e ás 12:15 h. para a categoría absoluta, cunha distancia a percorrer nesta última de 7.400 metros. A proba deste ano convocou preto de 200 corredores, na súa maioría da contorna aínda que houbo participantes chegados de Vilagarcía, As Pontes, Ferrol, Ourense ou Lugo. Os/as atletas das diferentes categorías percorreron, segundo as probas que lles correspondían, as distancias de 80, 200, 400, 1600 e 7400 metros. O corredor máis novo da competición deste ano tiña un ano e o máis vello contaba con 74.

A proba absoluta masculina foi gañada por Esteban Díaz Pérez, do Club Trieume de As Pontes, e a corredora local, Luisa González Somoza -do Club Horticelos-, gañou na categoría feminina. No segundo e terceiro posto do ‘podium absoluto masculino’ quedaron clasificados, por este orde, Víctor Estrada Pérez do Piñeira Team e Carlos López Moral do Club Atletismo A Gándara de Monforte; no seu equivalente feminino quedou segunda María Cedrón, do Atletismo A Gándara de Monforte, e de terceira, Teresa Corral Marcos que viña de Lugo e participaba como independente.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...