HomeDeportesA asociación Chantada contra o cancro organiza unha nova andaina solidaria

A asociación Chantada contra o cancro organiza unha nova andaina solidaria

O evento, que terá como escenario a ribeira chantadina, conta xa con case 300 inscritos.

Publicado o

- Advertisement -

O vindeiro domingo día 9 terá lugar a III Ruta Solidaria da asociación Chantada contra o cancro. Trátase dunha iniciativa de recaudación de fondos na que colabora o atleta chantadino Fernando Ibarra e que xa tivo un enorme éxito nas súas edicións anteriores.

A andaina terá lugar no entorno da Ribeira Sacra chantadina e xa conta con case 300 inscritos. Estes poderán escoller entre dous percorridos, un de 5 quilómetros con baixa dificultade e outro de 11 quilómetros cun nivel máis alto. O día da proba os participantes serán trasladados de xeito gratuito ás 9 da mañá dende a Praza de Galicia ata o punto de saída.

A inscrición custa 5 euros e poderá realizarse ata o xoves día 6 a través da páxina oficial do evento, na sé da asociación ou nos locais chantadinos Mar & Bellota e Capitol Café.

Cartel da III Ruta Solidaria / Chantada contra o cancro

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...