HomeDeportesA Peña Barcelonista Val de Lemos, recibida no Concello polo seu aniversario

A Peña Barcelonista Val de Lemos, recibida no Concello polo seu aniversario

O Concello de Monforte acolleu un acto no que participaron antigos xogadores do FB Barcelona e algúns membros do equipo de hockey patíns.

Publicado o

- Advertisement -

O martes 30 de xullo a Peña Barcelonista Val de Lemos foi recibida polo Alcalde de Monforte, José Tomé, para celebrar o seu 15 aniversario. Sobre as 19:30 chegou ao Concello unha comitiva encabezada polo presidente da Peña, Luis Conde e o presidente da Federación de Peñas Barcelonistas de Galicia, Salvador Cerviño.

Neste acto tamén estiveron presentes diversos representantes do Fútbol Club Barcelona, como Ricardo Serna (ex-xogador), Julio Alberto Moreno (ex-xogador), Eduard Castro (entrenador do equipo de hockey patíns), Ignacio Alabart (xogador do equipo de hockey patíns) e Manolo Tomé (ex-xogador).

Durante a recepción interviron distintos participantes e, tras o discurso do Alcalde, tivo lugar un intercambio de obsequios. Ao finalizar o acto, os representantes do FC Barcelona asinaron o Libro de Honor do Concello e partiron cara ao Restaurante Don Manuel. Alí celebrouse un coloquio deportivo co título “El Barça del Siglo XXI”, seguido dunha cea de celebración.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...