HomeDeportesIII Milla Urbana de Monforte

III Milla Urbana de Monforte

Este domingo 11 de agosto a partires das 19:00 dará comezo esta 3ª edición da Milla Urbana, nun circuíto ubicado na rúa Reboredo.

Publicado o

- Advertisement -

O Club de Atletismo da Gándara, organizador da proba, conta xa con arredor de 200 participantes inscritos procedentes de toda Galicia, así como doutros puntos como Euskadi e incluso Londres.

A proba contará con 8 categorías: Pitufos, que percorrerán 150 metros; Promoción e Sub-12, que farán a distancia de 600 metros; Sub-14, 16 e 18, que competirán na distancia de 1200 metros; e adultos, que o farán na distancia propia da milla, os 1.600 metros, neste caso, nun circuíto de 3 voltas ubicado na mencionada rúa Reboredo. Haberá premios para todas as categorías, tanto para o primeiro, coma segundo e terceiro clasificados, tanto para homes como para mulleres.

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, agradece “ó Club de Atletismo a Gándara a organización deste evento que ben a completar a oferta de atletismo popular que temos neste Concello que, ademais da importancia deportiva que ten, serve para que cheguen a Monforte visitantes doutros Concellos que aproveitan a visita para pasar o día e desfrutar de todo o que lles podemos ofrecer no noso Concello

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...