HomeDeportesPresentación solidaria do Clube Voleibol Ribeira Sacra o día 29

Presentación solidaria do Clube Voleibol Ribeira Sacra o día 29

Este venres día 29 ás 19,30, o CV Ribeira Sacra fará a súa presentación coa nova equipación que chegou nesta semana.

Publicado o

- Advertisement -

Na presentación estarán presentes os dez equipos que participan na competición federada que supoñen 106 licenzas; ademáis estará presente unha parte das nenas que forman o clube asociado coas Escolas Municipais do Concello de Quiroga. O CV Ribeira Sacra volve a batir o seu propio record de participación ao aumentar un equipo máis en competición.

En total son dous equipos femininos en Primeira e Segunda División, dous equipos en Cadetes tamén nas mesmas categorías, tres equipos Infantís en Primeira, Segunda e Terceira División. Igualmente participa con dous equipos alevíns e un benxamín. A todo isto súmanse os catro equipos asociados, dous alevíns e dous benxamíns das Escolas do Concello de Quiroga.

O clube quere facer que esta presentación sexa Solidaria en colaboración con Cáritas. Polo tanto recolleranse alimentos non perecedeiros e de longa duración, que poden ser aportados por xogadoras, directivos e pais e nais, aos que se lles pide a máxima colaboración para que sirva de apoio a quelas persoas máis necesitadas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...