HomeDeportesFútbol solidario na Pobra do Brollón

Fútbol solidario na Pobra do Brollón

V Partido Benéfico "pro Axuda Nadal Solidario" no campo dos Medos o 29 de decembro.

Publicado o

- Advertisement -

A S.D. Brollón e os veteráns do Brollón mediranse un ano máis por unha boa causa, xuntar alimentos para familias desfavorecidas do concello. A iniciativa empezou a celebrarse hai 5 anos co obxectivo de axudar nestas datas tan especiais a xente con dificultades económicas.

Os equipos están formados, nun noventa por cento, por xogadores naturais do concello, feito que esperta de forma especial o instinto de axudar ás veciñas e aos veciños que máis o necesitan. Ademais, ao tempo que se xoga por unha boa causa, o encontro convértese nun nexo de unión entre ex xogadores e formación actual da S.D. Brollón, convertindo o post-partido ao redor das cervexas nun momento de intercambio de experiencias, vivencias e recordos.

Os alimentos ‘non perecedoiros’ pódense entregar nos supermercados do concello ou no mesmo campo de fúbol dos Medos o 29 de decembro ás 16:00 h.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...