HomeDeportesClausura do XIV Campus de Fútbol Cidade de Monforte

Clausura do XIV Campus de Fútbol Cidade de Monforte

Esta edición do Campus do Celta, e con motivo da crise sanitaria da COVID19, desenvolveuse con menos prazas do habitual pola crise sanitaria. E este luns día 10 de agosto comeza a terceira quenda do Campamento Deportivo de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, clausuraron a 14ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo no campo Luis Bodegas, clausura na que que fixeron entrega de diplomas e agasallos a todos/as os/as participantes.

O Campus, xa consolidado no calendario de actividades deportivas de verán no Concello de Monforte, deu comezo o pasado 3 de agosto e contou coa participación dun total de 54 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

Clausura Campus de Fútbol / concello de Monforte

Inicio da 3ª quenda do Campamento Deportivo de verán

Tamén finalizou a segunda quenda do Campamento Deportivo de verán organizado polo Concello de Monforte. Nela participaron un total de 47 nenos que desfrutaron dun programa lúdico e deportivo moi amplo que tamén contou cun protocolo específico de prevención do COVID-19, o que fixo que a actividade se celebrara con total seguridade e normalidade.

Este luns día 10 de agosto tócalle o turno ós nenos e nenas matriculados na terceira quenda do Campamento Deportivo de verán. 

A través da web do Concello, pódense descargar diferentes documentos de interese para os participantes na segunda quenda do Campamento Deportivo de Verán:

  •   A composición de cada un dos grupos e a instalación asignada.
  •   A programación de actividades da terceira quenda.
  •   Horario do servizo de transporte.
  •   Protocolo de prevención do COVID-19 establecido.
  •   As normas e recomendacións de participación.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...